a galiña polo que vale

martes, junio 15, 2004

Cultura ó peso

Se un non pode comprar un libro xa non ten escusa, un hipermercado xa vende libros ó peso.

Coma se dos cartóns de leite a piques de caducar se tratase, poñen un colo de botella na entrada e colocan os seus excedentes literarios para que se merquen ó peso.

Nin as toallas de Portugal caeron tan baixo nos últimos tempos, que ir a Fortaleza xa non é o que era... que agora unha toalla costa coma en España ou máis. Dirixídevos se non á tenda da esquina, sí, alí donde a fonte e preguntade canto vale unha toalla.

Contan dun rapaz do meu pobo que cando puxo o cargador de CDs no coche, chegou a uns grandes almacéns e pediu "cen mil pesetas de CDs" e isto non é moi diferente. Coma dirían no sur "ponme cuarto y mitá de libros, niña, que hoy tengo ganas de leer".

Sintoo ben, pero isto non é o que eu entendo por democratizar a cultura. Pode que eu non saiba coma espallar a cultura, pero non creo que vender os libros ó peso sexa a solución.