a galiña polo que vale

miércoles, julio 14, 2004

Xa pasou o festival

e parece que pasou con máis gloria que pena :)

Algúns falan de máis de 100.000 persoas... non sei se o pobo da para tanto, pero é certo que estaba a rebosar. Tamén hai quen di (lido no Galicia Hoxe) que non había tanta xente como outros anos. Eu non sei pero creo que o importante non é o número de persoas, se non a calidade destas.

Este ano non houbo incidentes salientables, e a xente o pasou bárbaro que é o importante.

Que o ano que ven sexa tan bon como este e que busquemos máis grupos de renome que fagan vir á xente a moreas... inda que non se pase dos 100.000

viernes, julio 09, 2004

Vémonos en Ortigueira

Un ano máis, vémonos en Ortigueira, no meirande festival internacional do mundo celta (pode que, pero só pode que, agás o de Lorient :)

Este ano haberá de todo, pero os meus preferidos serán Alain Stivell e os Chieftains, por seren os máis famosos, pero Os Cempés sonche moi animados e Capercaillie non necesita presentación.

Vémonos en Ortigueira