a galiña polo que vale

lunes, febrero 12, 2007

... e agora o viño

Accedín hoxe ao blog e leín o artigo referido á proibizón da fumeta a Tom e Jerry, e decateime de que agora xa estamos noutra polémica pola máis que posible obstaculización do consumo de viño... para impedir o botellón.

Non me imaxino aos cativos comprando Vega Sicilia ou viños de Emilio Moro para facer o calimotxo; pero vaille afectar exactamente igual a medida a eles que aos produtores de Don Simón. E din nas novas dos telexornais que os produtores de viño están en pe de guerra... se fose eu botábame ao monte co fusil amartelado. Coño, que xa está ben de proibizóns estúpidas que probablemente non sirvan senon para subirlle os prezos aos produtos que, como o viño, sufrirán un máis que probable descenso no consumo e que xa están caros abondo agora.

A este paso, vou converter este blog tan intermitente nun blog diario, porque o mundo está cada día un pouco máis tolo.